Medrar dende o lecer 

Este programa ten como obxectivo fomentar a autonomía persoal e social mediante actividades centradas no lecer. As accións que se levaron a cabo durante o ano 2024 inclúen:

Actividades de estimulación cognitiva: talleres para mellorar memoria, linguaxe, atención e outras funcións cognitivas clave.

Actividades de vida diaria: formación en rutinas, habilidades e exercicio  físico adaptado traballando a promoción dos hábitos de vida saudable dos usuarios e usuarias do centro.

Lecer comunitario: participación en eventos locais como paseos culturais, visitas ao Museo do Mar de San Cibrao e encontros socioculturais.